martes, 26 de maio de 2015

proba lomce 3º E.P.


con motivo da realización da próxima proba prevista pola LOMCE para 3º de primaria, o pasado día 13, asistimos a unha reunión no CPI onde se informou, por parte do centro, do desenvolvemento da proba, e se deu resposta ás dúbidas que formularon algúns pais, dentro do posible, tendo en conta que a información oficial acerca da proba é un tanto imprecisa nalgúns puntos.
respondendo á solicitude dalgunhas familias, deixámosvos un enlace onde podedes ler a información da confederación de anpas galegas na que, como xa sabedes, estamos integradas como anpa, a través da federación de anpas de ferrolterra.




Ningún comentario:

Publicar un comentario