mércores, 10 de xuño de 2015

queremos unha educación gratuita

como todos sabemos, esta reivindicación non é nova. é un constante cabalo de batalla ano tras ano. a educación dos nosos fillos ten que ser igual para todos e, por suposto, gratuita, estendéndose esa gratuidade a todo o material didáctico necesario para a súa formación. non pode ser que o  comezo dun novo curso sexa un motivo de endebedamento para moitas familias que xa vivimos nun continuo botar contas para chegar a fin de mes.

desde a federación de anpas de ferrolterra estannos informando de mobilizacións que expresan o rexeitamento do sistema de "fondo solidario de libros de texto" e da chamada "axudas para adquisición de libros de texto" que supoñen unha cobertura parcial e limitada das necesidades de libros de texto que teñen todos os nenos, non inclúen material escolar e, no caso do fondo solidario supoñen un esforzo grande para os centros de ensino que se teñen que encargar de recoller, inventariar e repartir os libros devoltos por nenos que foron beneficiarios o ano pasado da axuda para mercar os libros.

co sistema de ensino do noso centro somos uns afortunados, se se pode dicir así, porque esta desigualdade tamén nos toca, xa que, en comparación coa maioría dos centros usamos moi poucos libros editados, e os profesores decántanse máis polo uso de material didáctico alternativo, na maior parte dos casos de elaboración propia, o que fai que o seu esforzo se traduza nun aforro considerable para as familias.

así e todo, sí que é importante que apoiemos o resto dos pais que, en moitos casos teñen que facer unha inversión en libros e resto de material didáctico que está por enriba das súas posibilidades.

deixámosvos unha intervención do presidente da feanpas na tv falando deste asunto.

e aquí podedes asinar para solicitar o préstamo universal dos libros de texto.


o vindeiro luns 15  ás 20 h está prevista unha concentración en Ferrol diante do edificio da xunta, na praza de españa. non podemos faltar!




Ningún comentario:

Publicar un comentario