seguindo a camiño comezado desde que entrou en vixencia a última e controvertida lei de educación, estanse convocando mobilizacións por parte dos colectivos que se ven afectados pola súa aplicación.
na maioría destas mobilizacións concorren as chamadas de varios destes colectivos.
entendemos que a nosa responsabilidade como asociación de pais e nais é manter informados os nosos socios de todas as informacións que nos chegan ó correo e mirar de que estean o mellor informados posible.
con esta intención convidamos a FEANPAS a asistir á próxima asamblea que faremos o luns 21 ás 5 da tarde no comedor do CPI de Atios.
FEANPAS informa de mobilizacións o día 24 deste mes de novembro.
e convídanos á seguinte charla:
para que quede clara a postura de FEANPAS, reproducimos un anaco da carta que nos enviaron ó correo da asociación.
"Esta Confederación está de acordo con todas as
mobilizacións que se convoquen coa intención de acabar coas reválidas, e de
derrogar á LOMCE, e estaremos alí onde ocorran para
evidenciar ese acordo coa nosa presenza, ao carón dos nosos fillos e fillas.
En coherencia coa
esa intención de apoio, convocamos a todas as familias galegas do Ensino
Público á apoiar as mobilizacións que se realicen o próximo día 24 de novembro,
en todas e cada unha das súas convocatorias, e para facer visible ese
apoio convocamos ás familias
de todas as etapas educativas (primaria e secundaria) a secundar a folga non enviando aos seus fillos e fillas a clase ese
día, e participando nas manifestacións e concentracións que se
celebren"


Ningún comentario:
Publicar un comentario