xoves, 16 de febreiro de 2017

convocatoria de folga contra a LOMCE, os recortes na educación e os pactos educativos fraudulentos

    hoxe, xoves 16, nova xornada de folga no ensino secundario e universitario, convocada polo sindicato estudiantil ERGUER e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Públicopola Confederación de Anpas Galegas e FEANPAS.

convócase tamén folga para o próximo xoves 9 de marzo, pero nese caso a folga está convocada para tódalas etapas do ensino, e tamén para profesorado e personal dos centros educativos en xeral.


as anpas fan un chamamento a mobilizacións que inclúen concentracións ás 12 da mañá e ás 7 da tarde diante do edificio da Xunta de Ferrol.
piden participación  xa que a folga non consiste só en son mandar os nenos á escola, senon tamén en manifestar públicamente as nosas reivindicacións e que o noso sentir se vexa reflectido na rúa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario