xoves, 23 de marzo de 2017

VII TORNEO DE XADREZ do CPI

Hoxe xoves 23 de marzo celébrase o VII TORNEO DE XADREZ  do CPI.  O torneo naceu no mes de novembro de 2009 e se celebra cada ano cara as vacacións de Semana Santa. 

Comeza sobre as 09:45 da mañá no ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá hoxe a ningunha clase.

Nesta edición hai 89 alumnos e alumnas apuntados entre 3º de Primaria e 4º de Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogarán contra aqueles que teñan o mesmo número de vitorias ou derrotas. Todo o alumnado xogará as oito rondas.


O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a vitoria ao que teña máis puntos en pezas, de ter as mesmas serán táboas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada vitoria valerá un punto e as táboas medio punto para cada un.

Desde a ANPA desexámoslles moita sorte ós participantes e animamos a todos os nenos e nenas que se apunten nas próximas edicións.

+ info: blogue BITÁCORA ATIOS EDUCACIÓN FÍSICA  https://efatios.blogspot.com.es/




Ningún comentario:

Publicar un comentario