Amosando publicacións coa etiqueta festas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festas. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de febreiro de 2017

festival de entroido

xa está aquí o entroido e un ano máis a anpa organiza unha festa para desfrutar dunhas datas tan divertidas en compaña dos nenos e das familias que formamos parte deste cole.

O MÉRCORES 22 faremos unha gran festa de disfraces, á que quedades todos convidados para pasar unha tarde moi entretida, a partir das 16:30 no patio do cole.

•Faremos xogos en grupo.

•Contaremos cun castelo hinchable.

•Realizaremos un desfile de entroido, no que todos podemos participar e ensinar os nosos disfraces.

•A partir das 18:15 haberá merenda con música e baile.

ímolo pasar en grande!

*A entrada dos socios será gratuita, na mesma entrada recibiredes un carné identificativo familiar, con nomes e apelidos, que nos servirá para moitas outras ocasións.
*Entrada NON SOCIOS - 3€/nen@
Recordamos que este día non se levarán a cabo as actividades extraescolares. Retomamos os horarios habituais o Xoves 23.

O VENRES 24 temos programada unha cita na Casa da Cultura ás 19:00, na que a nosa querida Alba e os seus alumnos de TEATRO nos farán disfrutar dunha serie de xogos moi divertidos. Non volo perdades!!

domingo, 8 de novembro de 2015

magosto no cpi

Este mércores día 11 no cole vaise celebrar o Samaín, e tamén o Magosto. Xa sabedes que podedes participar no concurso de cabazas e centros de outono. Os nenos teñen que levar unha presiña de castañas que poderán comer asadas acompañadas dun vasiño de leite.
Coma todos os anos ó leite convidamos nós, os socios da anpa e tamén colaboramos no seu reparto.

Para ese día necesitamos colaboración. Se tes libre a mañá do mércores 11 e podes botarnos unha man, chámanos ou escríbenos. Agradecemos a túa axuda.