sábado, 21 de febreiro de 2015

¨máis que un teito¨

informáronnos do cole hai uns días de que o próximo xoves 26 comeza o programa "máis que un teito" promovido polo concello a través dos servizos sociais. queremos animarvos á asistencia a estas charlas participativas que, sen dúbida, van ser un grande apoio na nosa aventura educativa.

lembrámosvos que se tedes nenos pequenos e quereres traelos,  no tempo da actividade estarán cos monitores de actividades extraescolares desenvolvendo a actividade de creatividade coas mans.

luns, 16 de febreiro de 2015

festival entroido

o mércores 11 de febreiro celebramos o entroido cunha festa na casa da cultura.
pasámolo en grande!
queremos dar as grazas
ós mestres de cerimonias paula, alba, susi e david
á profesora e alumnos do curso de cociña que se leva a cabo no cole e que nos axudaron a preparar as lambadas que disfrutamos na festa
a todos os pais e nais que colaboraron dalgunha maneira
e a todos os que viñestes a pasar a tarde con nós.