mércores, 14 de xuño de 2017

celebramos o día nacional das linguas de signos españolas

Na Anpa Beiramar do CPI de Atios cremos que todos temos dereito a que nos escoiten e o deber de escoitar. O gran reto da sociedade é comunicarse de maneira aberta e axeitada. Por iso hoxe celebramos o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS e felicitamos á Asociación de Persoas Xordas de Ferrol polo seu inestimable labor.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   



xoves, 4 de maio de 2017

CPI de Atios e Coge3. que grandes!!!!!


o noso cole está a colaborar con Coge3 nun proxecto superinteresantísimo do que nos fixeron partícipes as profes Reyes (ESO), Adela e Cristina (2ºEp). compartimos con vós a info e as imaxes para que disfrutedes un rato e vos animedes a colaborar porque tanto esforzo merece o apoio de todos.



"Después de muchos años limpiando las playas, haciendo películas, dando charlas y demás actividades, nos encontramos con un problema. Todos los residuos que retiramos de nuestra costa y debido al mal sistema de reciclaje de nuestro país, no son tratados correctamente y es por esto que hemos decidido crear unas máquinas que nos permitan reciclar los residuos que retiramos a fin de mostrar toda la materia prima que se esta desechando en nuestro planeta.

Nuestra principal misión es y será siempre promover la reducción del uso en plásticos de un solo uso, pero a través de estas procesadoras, mostraremos en todos los colegios que visitaremos a lo largo del año que hay más posibilidades que comprar y tirar, haremos ver a nuestros niños y jóvenes que ellos son el cambio que la naturaleza necesita, que ellos serán los dueños de los recursos en un futuro próximo, ellos decidirán como vivir.
Se trata de una iniciativa que nace de la colaboración entre el CPI Atios de Valdoviño y la ONG Coge 3 dirigida por Óscar García y Vicente Martín. Fruto de esta unión se pretende desarrollar un proyecto medioambiental que parte inicialmente de acciones realizadas en el centro pero que busca extenderse a todo el entorno del mismo, con la finalidad de sensibilizar sobre la contaminación generada por los plásticos, principalmente en las costas gallegas pero también en el medio ambiente en su totalidad.
Dicho proyecto se inicia en las aulas de 2º de Educación Primaria gracias a la implicación de las docentes Laura Adela Fernández Blanco y Cristina Soto, no obstante, se aspira a lograr la participación de todo el centro, así como del Concello de Valdoviño y de las familias del alumnado."

Nuestros amigos de Coge3 no paran

                            acompáñalos, colabora!!!😀😀😀

convite a novas tecnoloxías

xa estamos pensando no próximo curso e nas extraescolares que vos imos propoñer. para abrir boca transmitímosvos os convites que nos fan desde Espacio Vivo para participar nas actividades que teñen programadas para o próximo día 13 de maio.




PASÁDEVOS POR ALÍ, VAI SER SUPERDIVERTIDO!!!!!

domingo, 23 de abril de 2017

reinicio das clases

mañá, luns 24 reinícianse as clases.

as entradas e saídas faranse con normalidade e polos sitios de sempre, tanto para os que veñen en transprte escolar como os que veñen en coche particular.

o servizo de comedor tamén funcionará con normalidade.

as actividades extraescolares que se desenvolven no cole quedan suspendidas por seguridade xa que polas tardes traballarán na reparación dos desperfectos. a actividade de piscina segue sen cambios ao realizarse fóra do cole.

xoves, 20 de abril de 2017

suspéndense as clases polo temporal de vento

comunican do cole que o vento causou desperfectos no tellado da parte nova do cole e, á espera da avaliación completa de danos, SUSPÉNDENSE AS CLASES ATA NOVO AVISO.

xoves, 23 de marzo de 2017

FELICITACIÓNS PARA CARME BARRO.

Carme Barro, a monitora que imparte kárate dentro das nosas actividades extraescolares, recibiu unha merecida homenaxe da man da Federación Española de Kárate.
Moitísimas felicitacións desde a ANPA por ese premio e polo excelente traballo que fas cos nosos nenos e nenas.

+ INFO: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2017/03/23/homenaje-carmen-barro-federacion-espanola/0003_201703F23C8997.htm

VII TORNEO DE XADREZ do CPI

Hoxe xoves 23 de marzo celébrase o VII TORNEO DE XADREZ  do CPI.  O torneo naceu no mes de novembro de 2009 e se celebra cada ano cara as vacacións de Semana Santa. 

Comeza sobre as 09:45 da mañá no ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá hoxe a ningunha clase.

Nesta edición hai 89 alumnos e alumnas apuntados entre 3º de Primaria e 4º de Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogarán contra aqueles que teñan o mesmo número de vitorias ou derrotas. Todo o alumnado xogará as oito rondas.


O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a vitoria ao que teña máis puntos en pezas, de ter as mesmas serán táboas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada vitoria valerá un punto e as táboas medio punto para cada un.

Desde a ANPA desexámoslles moita sorte ós participantes e animamos a todos os nenos e nenas que se apunten nas próximas edicións.

+ info: blogue BITÁCORA ATIOS EDUCACIÓN FÍSICA  https://efatios.blogspot.com.es/




xoves, 16 de febreiro de 2017

festival de entroido

xa está aquí o entroido e un ano máis a anpa organiza unha festa para desfrutar dunhas datas tan divertidas en compaña dos nenos e das familias que formamos parte deste cole.

O MÉRCORES 22 faremos unha gran festa de disfraces, á que quedades todos convidados para pasar unha tarde moi entretida, a partir das 16:30 no patio do cole.

•Faremos xogos en grupo.

•Contaremos cun castelo hinchable.

•Realizaremos un desfile de entroido, no que todos podemos participar e ensinar os nosos disfraces.

•A partir das 18:15 haberá merenda con música e baile.

ímolo pasar en grande!

*A entrada dos socios será gratuita, na mesma entrada recibiredes un carné identificativo familiar, con nomes e apelidos, que nos servirá para moitas outras ocasións.
*Entrada NON SOCIOS - 3€/nen@
Recordamos que este día non se levarán a cabo as actividades extraescolares. Retomamos os horarios habituais o Xoves 23.

O VENRES 24 temos programada unha cita na Casa da Cultura ás 19:00, na que a nosa querida Alba e os seus alumnos de TEATRO nos farán disfrutar dunha serie de xogos moi divertidos. Non volo perdades!!

convocatoria de folga contra a LOMCE, os recortes na educación e os pactos educativos fraudulentos

    hoxe, xoves 16, nova xornada de folga no ensino secundario e universitario, convocada polo sindicato estudiantil ERGUER e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Públicopola Confederación de Anpas Galegas e FEANPAS.

convócase tamén folga para o próximo xoves 9 de marzo, pero nese caso a folga está convocada para tódalas etapas do ensino, e tamén para profesorado e personal dos centros educativos en xeral.


as anpas fan un chamamento a mobilizacións que inclúen concentracións ás 12 da mañá e ás 7 da tarde diante do edificio da Xunta de Ferrol.
piden participación  xa que a folga non consiste só en son mandar os nenos á escola, senon tamén en manifestar públicamente as nosas reivindicacións e que o noso sentir se vexa reflectido na rúa.