sábado, 19 de novembro de 2016

charlas informativas FEANPAS

deixámosvos copia da mensaxe que chegoou ó correo da asociación.

lembrámosvos que tamén teremos un representante de FEANPAS na próxima asamble xeral de socios que terá lugar o luns 21 ás 5 da tarde no comedor do cole.

 Boas tardes a todas/os,

     Como saberedes o vindeiro xoves día 24 temos convocada FOLGA no ensino público que, para as etapas educativas de infantil e primaria e o primeiro e segundo curso da ESO ten que ser materializada polas familias NON levando ás súas fillas e fillos á escola.

     O obxectivo desa convocatoria non é outro que aquel que xa levamos reclamando dende hai anos: a inmediata DERROGACIÓN DA LOMCE e a completa ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS. Non tanto, sabemos que dende os gobernos central e autonómico, co apoio de moitos medios de comunicación, tentan desmobilizar ás familias enviando mensaxes enganoso como que “xa non hai reválidas” ou que “a “LOMCE xa está paralizada” e, desgraciadamente nada mais lonxe da realidade.
     
     Polo tanto, dende esta Federación de ANPAS queremos aclararvos cantas dubidas podades ter ao respecto e explicar a nosa postura con todo detalle e, para iso imos organizar DUAS ASEMBLEAS ABERTAS ou CHARLAS INFORMATIVAS dirixidas a todas as familias que queiran participar, preguntar ou opinar. Estamos convencidas/os que o momento é especialmente importante e, polo tanto, unha acción conxunta e multitudinaria poderá ter éxito nas nosas demandas.

     As charlas celebraranse:

  • FERROL.- Luns día 21 de novembro ás 19:00 h. no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).
  • NARÓN.- Martes día 22 de novembro ás 19:00 h. no Salón de Actos do IES As Telleiras (Estrada de Cedeira Km. 1)
     Somos totalmente conscientes dos moitos problemas que as familias estamos a padecer nestes tempos, mais pensamos que o futuro das nosas fillas e fillos é o mais importante para todas/os nós, por iso esperamos a maxima participación.

Un saúdo

Javier Sánchez
Presidente da FEANPAS

mércores, 16 de novembro de 2016

mobilizacións en contra da LOMCE

seguindo a camiño comezado desde que entrou en vixencia a última e controvertida lei de educación, estanse convocando mobilizacións por parte dos colectivos que se ven afectados pola súa aplicación.
na maioría destas mobilizacións concorren as chamadas de varios destes colectivos.
entendemos que a nosa responsabilidade como asociación de pais e nais é manter informados os nosos socios de todas as informacións que nos chegan ó correo e mirar de que estean o mellor informados posible.
con esta intención convidamos a FEANPAS a asistir á próxima asamblea que faremos o luns 21 ás 5 da tarde no comedor do CPI de Atios. 

FEANPAS informa de mobilizacións o día 24 deste mes de novembro.
                                                                                                                   


e convídanos á seguinte charla:
                       


para que quede clara a postura de FEANPAS, reproducimos un anaco da carta que nos enviaron ó correo da asociación. 

"Esta Confederación está de acordo con todas as mobilizacións que se convoquen coa intención de acabar coas reválidas, e de derrogar á LOMCE, e estaremos alí onde ocorran para evidenciar ese acordo coa nosa presenza, ao carón dos nosos fillos e fillas.
En coherencia coa esa intención de apoio, convocamos a todas as familias galegas do Ensino Público á apoiar as mobilizacións que se realicen o próximo día 24 de novembro, en todas e cada unha das súas convocatorias, e para facer visible ese apoio convocamos ás familias de todas as etapas educativas (primaria e secundaria) a secundar a folga non enviando aos seus fillos e fillas a clase ese día, e participando nas manifestacións e concentracións que se celebren"