domingo, 31 de maio de 2015

e aquí os artistas de óscar

e por fin o venres puidemos disfrutar dos ansiados estrenos da curtametraxe "bruxería no colexio" e da obra de teatro "noite no cemiterio". tamén nos sorprenderon os nenos de inglés coa súa interpretación de "yellow submarin"
como pais estamos moi agradecidos a estes monitores que saben lustrar tan ben ós nosos fillos e fan que nos sorprendan cada día máis.
xenial a actuación de alba! esa "sorpresa, sorpresa......." divertidísima. 
en fin, a quen o fixestes posible GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.

nenos de teatro con alba.

nenos de inglés

falta susi, botámola en falta

estes traballos tan chulos son os que fixeron os nenos nas clases de costura e creatividade coas mans. nunha hora de actividade fan un destes artículos completo. fixeron cadernos, maracas, bolsos, broches de globos........ a susi adórana, e non é para menos, marabilla de profe!












xoves, 28 de maio de 2015

aí están os mellores deportistas

Un ano máis disfrutamos das exhibicións dos nosos nenos neste festival de fin de curso,.....xa! Cantos progresos fixeron da man destes marabillosos monitores!!!!

martes, 26 de maio de 2015

proba lomce 3º E.P.


con motivo da realización da próxima proba prevista pola LOMCE para 3º de primaria, o pasado día 13, asistimos a unha reunión no CPI onde se informou, por parte do centro, do desenvolvemento da proba, e se deu resposta ás dúbidas que formularon algúns pais, dentro do posible, tendo en conta que a información oficial acerca da proba é un tanto imprecisa nalgúns puntos.
respondendo á solicitude dalgunhas familias, deixámosvos un enlace onde podedes ler a información da confederación de anpas galegas na que, como xa sabedes, estamos integradas como anpa, a través da federación de anpas de ferrolterra.