sábado, 19 de novembro de 2016

charlas informativas FEANPAS

deixámosvos copia da mensaxe que chegoou ó correo da asociación.

lembrámosvos que tamén teremos un representante de FEANPAS na próxima asamble xeral de socios que terá lugar o luns 21 ás 5 da tarde no comedor do cole.

 Boas tardes a todas/os,

     Como saberedes o vindeiro xoves día 24 temos convocada FOLGA no ensino público que, para as etapas educativas de infantil e primaria e o primeiro e segundo curso da ESO ten que ser materializada polas familias NON levando ás súas fillas e fillos á escola.

     O obxectivo desa convocatoria non é outro que aquel que xa levamos reclamando dende hai anos: a inmediata DERROGACIÓN DA LOMCE e a completa ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS. Non tanto, sabemos que dende os gobernos central e autonómico, co apoio de moitos medios de comunicación, tentan desmobilizar ás familias enviando mensaxes enganoso como que “xa non hai reválidas” ou que “a “LOMCE xa está paralizada” e, desgraciadamente nada mais lonxe da realidade.
     
     Polo tanto, dende esta Federación de ANPAS queremos aclararvos cantas dubidas podades ter ao respecto e explicar a nosa postura con todo detalle e, para iso imos organizar DUAS ASEMBLEAS ABERTAS ou CHARLAS INFORMATIVAS dirixidas a todas as familias que queiran participar, preguntar ou opinar. Estamos convencidas/os que o momento é especialmente importante e, polo tanto, unha acción conxunta e multitudinaria poderá ter éxito nas nosas demandas.

     As charlas celebraranse:

  • FERROL.- Luns día 21 de novembro ás 19:00 h. no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).
  • NARÓN.- Martes día 22 de novembro ás 19:00 h. no Salón de Actos do IES As Telleiras (Estrada de Cedeira Km. 1)
     Somos totalmente conscientes dos moitos problemas que as familias estamos a padecer nestes tempos, mais pensamos que o futuro das nosas fillas e fillos é o mais importante para todas/os nós, por iso esperamos a maxima participación.

Un saúdo

Javier Sánchez
Presidente da FEANPAS

mércores, 16 de novembro de 2016

mobilizacións en contra da LOMCE

seguindo a camiño comezado desde que entrou en vixencia a última e controvertida lei de educación, estanse convocando mobilizacións por parte dos colectivos que se ven afectados pola súa aplicación.
na maioría destas mobilizacións concorren as chamadas de varios destes colectivos.
entendemos que a nosa responsabilidade como asociación de pais e nais é manter informados os nosos socios de todas as informacións que nos chegan ó correo e mirar de que estean o mellor informados posible.
con esta intención convidamos a FEANPAS a asistir á próxima asamblea que faremos o luns 21 ás 5 da tarde no comedor do CPI de Atios. 

FEANPAS informa de mobilizacións o día 24 deste mes de novembro.
                                                                                                                   


e convídanos á seguinte charla:
                       


para que quede clara a postura de FEANPAS, reproducimos un anaco da carta que nos enviaron ó correo da asociación. 

"Esta Confederación está de acordo con todas as mobilizacións que se convoquen coa intención de acabar coas reválidas, e de derrogar á LOMCE, e estaremos alí onde ocorran para evidenciar ese acordo coa nosa presenza, ao carón dos nosos fillos e fillas.
En coherencia coa esa intención de apoio, convocamos a todas as familias galegas do Ensino Público á apoiar as mobilizacións que se realicen o próximo día 24 de novembro, en todas e cada unha das súas convocatorias, e para facer visible ese apoio convocamos ás familias de todas as etapas educativas (primaria e secundaria) a secundar a folga non enviando aos seus fillos e fillas a clase ese día, e participando nas manifestacións e concentracións que se celebren"

xoves, 2 de xuño de 2016

talleres extraescolares

o curso está a piques de rematar e estamos xa pensando no próximo curso. convidámosvos a probar novas actividades e respondestes con moito entusiasmo, o que nos dá moita alegría.
compartimos algúns momentos divertidos que esperamos que repitades no próximo curso.
lembrade que vos esperamos mañá na Casa da Cultura para ver as obras de cine e teatro que prepararon os compañeiros ó longo do curso. non faltedes!!!!!

fotografía





patinaxe artística








bailes de salón


 


            






 
kárate  







 cociña









martes, 26 de abril de 2016

mercadillo solidario 4º da E.S.O.

O próximo xoves 26 ás 5 da tarde os alumnos de 4º da ESO van organizar un mercadillo  na cafetería do cole coa fin de recadar cartos para a súa excursión de fin de curso.
Convidamos a todos os pais a participar e botar unha man, ben fecendo algunha compra, ou mesmo tomando un cafetiño e algún doce feito polas familias. Javier e Mariel van doar a recadación dos cafés que acompañen os doces. Os nenos de creatividade coas mans, que son uns artistas, cederán os traballos feitos esta semana coa súa profe Susi…..
Se tedes algún obxecto que queredes doar para o mercadillo podedes levalo ó cole e deixalo na entrada onde conserxaría. Seremos todos benvidos e a nosa pequena aportación será grande para eles.

Moitas grazas de parte dos nenos. Non faltedes!!!!!

xoves, 7 de abril de 2016

V Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade

interesantísimas xornadas formativas ás que estamos todos convidados.




axudas e subvencións para estudar idiomas

pais e nais, queremos trasladarvos a información que nos chega a través da federación de anpas relativa a axudas do ministerio de educación para mellorar a formación de línguas estranxeiras.

Becas y ayudas para aprender idiomas

podedes atopar toda a info no seguinte enlace:

mércores, 24 de febreiro de 2016

as caras da satisfacción

E CLARO QUE BRILLARON, E MOITO......
agora xa sabemos o que podemos facer cos chicles en vez de deixalos pegados en calquera parte 







 MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!

xoves, 18 de febreiro de 2016

os frouximakers na first lego league


Xa saberedes que o equipo de robótica FROUXIMAKERS participa no TORNEO da FIRST LEGO LEAGUE Galicia que se desenvolverá na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña o sábado 20.

Como integrantes da comunidade educativa do CPI sentímonos moi orgullosos de ter rapaces e rapazas que, coma eles, teñan a vontade e o sacrificio de mellora dedicando moito tempo a medrar como persoas e a desenvolver proxectos incríbles que os leven a destacar e a brillar con luz propia. Da man da profesora Reyes Montero van presentar unha proposta de reciclaxe sorprendente e novidosa da que fixeron partícipe a todo o centro coa campaña “DESPOIS DE ROÍDO, MELLOR RECOLLIDO”

Desexámoslles ós FROUXIMAKERS que teñan todo o éxito que merecen. MOITOS ÁNIMOS!!!!

mércores, 3 de febreiro de 2016

a disfrutar do entroido!!!!

aínda estades a tempo.
xa sabedes que este ano desde a asociación de pais propoñémosvos un entroido diferente e divertido. a proposta chega da man dos monitores de extraescolares que nos convidan a amosar as nosas habilidades artísticas participando como cantantes disfrazados do noso intérprete favorito.
só, en parella ou en grupo terás o teu premio se resultas ser o mellor imitador.
podes vir disfrazado de calquera outra cousa que te apeteza e tamén participarás no concurso ó mellor disfraz individual e en grupo.
se traes doces típicos destas datas compartirémolos entre todos.

esperámosvos o venres 5 ás 19:30h. na Casa da Cultura.

se ides actuar, por favor, chamade canto antes a Alba (630129600) xa que as actuacións son en playback.

vémonos tamén o día 6 no pavillón de Longoiro na festa organizada polo Concello e o día 12 na Casa da Cultura no festival do cole. xa sabedes que estamos convidados polo centro así que participade e disfrutade cos nenos.