luns, 28 de setembro de 2015

xa están aquí as extraescolares


De novo chegan as extraescolares e un ano máis veñen cargadas de diversión para todos. Como xa sabedes comezan o día 1 de outubro e para os que non tedes aínda feita a solicitude, informámosvos de que hai un par de cambios no horario que vos propuxemos e temos que dicirvos que non saen adiante ludoteca, aula virtual, ping-pong, hóckey nin música creativa porque non houbo suficientes solicitudes.
Incluímos na lista unha actividade moi divertida e dinámica que se chama CROSSFIT KIDS. Se queredes ver unha demo clickade aquí
O horario sería martes e xoves de 17:30 a 18:30 e tedes o mes de outubro para probar sen ningún compromiso.
Xa sabedes que este ano a  matrícula é de balde e os prezos das mensualidades levan desconto a partir da segunda actividade.
O noso equipo de monitores favorito espéravos a partir do próximo xoves ás 16:30, vide con ánimo que o pasaredes en grande.