domingo, 15 de novembro de 2015

enquisa de convivencia proposta pola xunta

Lendo a nota que acaba de publicarse na páxina do centro en relación á enquisa que se nos vai pedir que cubramos esta semana, vennos á memoria o feito de que nunca comentamos con vós (sempre damos por suposto que todos estamos informados de todo, e iso xa sabemos que non é así) os diferentes proxectos e plans que ten o centro que serven para favorecer e vixiar o bo funcionamento do centro en si e de engraxar as engranaxes que moven toda esta maquinaria que é a “comunidade educativa”.
Trátase dunha serie de documentos que artellan o conxunto de normas relativas á organización e funcionamento do centro e que xorden da participación e do consenso de toda a comunidade escolar (alumnado, profesores, persoal de administración e servizos e nais e pais do alumnado). As normas de convivencia, son elaboradas polo centro e teñen como obxectivo fundamental desenvolver unhas relacións positivas entre os diferentes membros da comunidade educativa para lograr un clima escolar axeitado que facilite o logro dos obxectivos educativos e o éxito escolar.
As normas de funcionamento do centro non son máis que un acordo que se aproba en consello escolar onde todos temos voz e voto a través dos nosos representantes. Por iso é tan importante que os pais participemos cando se elixen representantes de pais para o consello escolar ou membros da xunta directiva da anpa ou, simplemente socios xa que isto nos fai ter voz e voto en todo canto atinxe á educación dos nosos fillos, entendéndose educación no sentido máis amplo da palabra.

Na páxina web do centro, na columna da dereita hai un apartado de documentos do centro onde podedes atopar toda a normativa e proxectos que tentan facer do noso centro un lugar tranquilo e organizado. Mirádeos porque son moi interesantes. Para quen non saiba que significan as siglas aclaramos:
NOF: normas de organización e funcionamento.
PXA:plan xeral anual.

En canto á enquisa que nos propoñen é voluntaria pero moi recomentable que a cubramos. É anónima e cantos máis datos poidamos aportar máis real será a imaxe  que se estraia da situación conxunta das familias. Por certo que ó comezo dan unha hora para realizala pero tárdase escasos 5 minutos.

Desde a directiva da anpa ofrecemos o ordenador que temos no local para quen non dispoña de un na súa casa para cubrir a enquisa. Contactade con nós e vos dicimos cando podedes vir.

Deixámosvos un enlace para máis info sobre o proxecto da xunta e as expectativas desta enquisa:


mércores, 11 de novembro de 2015

vídeos extraescolares





E por certo que, para quen non o saiba aínda, xa temos publicados os vídeos das extraescolares de fin de curso. Podedes velos na páxina co CPI en “ Atios TV” ou aquí:




que os disfrutedes!!!!

sinaturas para Hadrián e todos os que as necesiten

"Está en marcha a recollida de sinaturas online por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración, da que Hadrián é a viva imaxe"

Ola familias! A petición da Federación de Anpas Ferrolterra, á que estamos asociados, reenviamos información acerca do caso dun neno enfermo de leucemia que ten necesidade de apoio educativo fóra do centro e está tendo problemas para que a xunta llo conceda. Actualmente non hai unha lei que regule a atención educativa domiciliaria ou hospitalaria pero, por desgraza, si que hai nenos que a demandan.

Tedes máis info nestes enlaces que nos envía a Federación: