martes, 30 de xuño de 2015

declaración de intencións....... e grazas.

agora, que estamos rematando este curso, estamos xa pensando no próximo: novas metas, novos obxectivos, novas ilusións.

pero o primeiro que queremos é dar as grazas a todas as familias que colaboraron con nós nestes meses e nos axudaron a que, por exemplo, a preparación dos festivais fose máis levadeira, máis lucida, máis saborosa. grazas a quen nos prestou onde facelos, a quen nos axudou a preparar bocatas, a quen nos puxo un escenario, a quen nos axudou a cociñar, a quen sacou a idea dun fotocol e a quen o fixo realidade, a quen sacou fotos, a quen se puxo para saír, a quen grabou e fixo posible que todos puidesemos ver o grabado.......
grazas a juan, susi, paula, alba e david, antonio, charo, teresa, lucía, pamela, lorena, uxía, alejandro os do curso de cociña coa súa profe....e as nosas chicas da limpeza que teñen moita paciencia e nunca nos deron co pau do mocho.

e que todos saibades que imos seguir pelexando para conseguir mellorar a educación e as condicións nas que a reciben os nosos nenos. queremos un cole mellorado, uns accesos mellorados, clases de xadrez, semáforos de ruído, libros gratis, profesores de apoio e terapéuticos, transporte escolar sen tacha, seguridade no cole....pero todo isto, se o pelexamos só desde a directiva ten moitas menos posibilidades de facerse realidade que se somos moitas voces as que o reclamamos. por iso pedímosvos, outra vez, apoio e axuda para acadar os nosos obxectivos.

luns, 15 de xuño de 2015

e alí estivemos












é curioso que, en reivindicacións que se supoñen universais, só uns poucos piden para beneficio de moitos.

xoves, 11 de xuño de 2015

asamblea xeral ordinaria fin de curso

Queremos convidarvos á asamblea xeral de fin de curso que terá lugar o próximo día mércores 17 ás 19 horas en primeira  convocatoria e ás 19:30 en segunda na casa da cultura coa seguinte orde do día:

·       Estado de contas. Gastos previstos.
·       Benvida ás novas familias.
·       Información actividades extraescolares próximo curso.
·       Información seguro escolar.
·       Axudas libros de texto e fondo solidario.
·       Proxectos presentados no  concello pendentes de aprobación.
·       Solicitude novos membros para a directiva da asociación.
·       Propostas e preguntas.

Por favor, asistide, participade. A vosa opinión é importante.


mércores, 10 de xuño de 2015

queremos unha educación gratuita

como todos sabemos, esta reivindicación non é nova. é un constante cabalo de batalla ano tras ano. a educación dos nosos fillos ten que ser igual para todos e, por suposto, gratuita, estendéndose esa gratuidade a todo o material didáctico necesario para a súa formación. non pode ser que o  comezo dun novo curso sexa un motivo de endebedamento para moitas familias que xa vivimos nun continuo botar contas para chegar a fin de mes.

desde a federación de anpas de ferrolterra estannos informando de mobilizacións que expresan o rexeitamento do sistema de "fondo solidario de libros de texto" e da chamada "axudas para adquisición de libros de texto" que supoñen unha cobertura parcial e limitada das necesidades de libros de texto que teñen todos os nenos, non inclúen material escolar e, no caso do fondo solidario supoñen un esforzo grande para os centros de ensino que se teñen que encargar de recoller, inventariar e repartir os libros devoltos por nenos que foron beneficiarios o ano pasado da axuda para mercar os libros.

co sistema de ensino do noso centro somos uns afortunados, se se pode dicir así, porque esta desigualdade tamén nos toca, xa que, en comparación coa maioría dos centros usamos moi poucos libros editados, e os profesores decántanse máis polo uso de material didáctico alternativo, na maior parte dos casos de elaboración propia, o que fai que o seu esforzo se traduza nun aforro considerable para as familias.

así e todo, sí que é importante que apoiemos o resto dos pais que, en moitos casos teñen que facer unha inversión en libros e resto de material didáctico que está por enriba das súas posibilidades.

deixámosvos unha intervención do presidente da feanpas na tv falando deste asunto.

e aquí podedes asinar para solicitar o préstamo universal dos libros de texto.


o vindeiro luns 15  ás 20 h está prevista unha concentración en Ferrol diante do edificio da xunta, na praza de españa. non podemos faltar!