xoves, 3 de outubro de 2019

A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria

Estimadas familias:
A Xunta Directiva da ANPA Beiramar convoca unha Asamblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o xoves 10 de
outubro de 2019 na Casa de Cultura ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en
segunda convocatoria. A orde do día será:
1. Renovación da Xunta directiva. Presentación de candidatos e constitución da nova Xunta directiva.
2. Memoria de actividades do curso 2018-2019 e previstas para o curso 2019-2020.
3. Estado de contas.
4. Aportacións e consultas.
A ANPA precisa da axuda de persoas implicadas e dispostas a traballar polo ben dos nosos fillos e fillas.
Toda colaboración é necesaria e benvida sempre, pero ademáis nesta ocasión precisamos renovar os cargos
da Xunta Directiva. Se estades dispostas e dispostos a formar parte dela, por favor, acudide á Asamblea.
Se non vos fora posible asistir pero queredes colaborar, poñédevos en contacto coa ANPA por teléfono,
whatsapp, correo electrónico ou deixando os vosos datos no buzón da ANPA.
Por outra banda, estamos traballando en colaboracións con algunhas empresas que ofrecerán descontos ou
outras vantaxes para os socios da ANPA. Por iso, ao finalizar a asamblea farase entrega de CARNÉS DE
SOCIO xa que serán necesarios para identificarse como tal.
Correo: anpabeiramar.atios@gmail.com Tlf: 649 703 348

Ningún comentario:

Publicar un comentario